Presentación
PRESAXIO é un sistema de predición da calidade do aire a alta resolución para a Comunidade Autónoma de Galicia. O proxecto PRESAXIO está financiado pola Consellería de Economía e Industria da XUNTA DE GALICIA, a través do Programa Sectorial de Investigación aplicada PEME I+D e I+D Suma 2010 de MEDIO NATURAL E DESENVOLVEMENTO SOSTÍBEL (MDS) co proxecto coordinado "XIMERE/FUXIMERE: IMPACTO DAS EMISIÓNS INDUSTRIAIS E FUXITIVAS NA CALIDADE DO AIRE DE GALICIA", concedido a Troposfera e ao Grupo de Modelización Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela.